II Xornadas sobre "Programación Web en Software Libre"
Este ano voltamos a celebrar as Xornadas sobre "Programación Web en Software Libre".
A diferencia do ano pasado, este ano en OUSLI queremos contar coa túa opinión. Decide ti o programa, os conferenciantes, os horarios, a duración, a temática, o prezo... axúdanos a facer unhas xornadas ás que che gustaría asistir!!.

As Xornadas celebraríanse a derradeira semana de Xuño: do 23 ao 27.
Para que ti podas decidir e axudarnos, a web consta de 4 apartados:
- Elixe o programa: Neste apartado poderás votar conferencias propostas dende OUSLI para as Xornadas. As máis votadas serán elixidas para realizarse nas xornadas. VOTA!!.
- Call For Papers: Se tes experiencia na programación web en software libre, envíanos unha proposta de conferencia para participar como conferenciante nas Xornadas. Envía a túa conferencia!!.
- Brainstorming: Se tes ideas sobre conferencias que se poderían realizar nas xornadas, envíanos as túas ideas e se ademáis coñeces alguén que poda dar a conferencia, refléxao na descrición. Envía a túa proposta!!.
- Contacto: Se queres porte en contacto connosco por calquera dúbida ou suxestión, pódelo facer no formulario de contacto.
O tempo corre en contra de todos, dalle difusión entre os teus compañeiros e fagamos unhas moi boas xornadas. Ti decides!!!
A data límite para o envío de propostas e Call for papers é o día 14 de Abril ás 23:59:59.





